Fundación Cidtega

Ir a contenidos

Presentación

A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia foi constituída en outubro de 1996 como entidade sen ánimo de lucro pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.

A organización foi declarada de interese industrial por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública o 2 de decembro de 1996 (D.O.G. nº 241 do 11 de decembro), de interese galego por Orde da Consellería de Industria e Comercio do 19 de decembro de 1996 (D.O.G. nº 253 do 30 de decembro) e inscrita no Rexistro Único de Fundacións de interese galego co número 1996/13.

Ao obxeto de contribuír ao aseguramento e garantía na súa xestión, o 27 de xulllo de 2000 a Fundación certificou o seu sistema administrativo por a norma ISO 9002:94. Posteriormente, o 1 de febreiro de 2001, actualizou dita certificación por a norma ISO 9001:2000, sendo a primeira organización galega e unha das primeiras organizacións españolas en superar este último proceso de certificación.

Os obxetivos da Fundación son promover a difusión e aplicación de políticas en materia de calidade, tecnoloxía e innovación, recibindo adicionalmente a encomenda de xestión de infraestructuras tecnolóxicas; o Centro de Innovación e Servicios (CIS) do Deseño e a Tecnoloxía de Galicia, o Centro de Innovación e Servicios (CIS) Tecnolóxicos da Madeira de Galicia e o Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia, levando a cabo dende cada un dos centros antes indicados as actividades contempladas no marco da súa competencia técnica e estratéxica.

Actualidade europea

Actualidade


Acto de entrega e presentación do selo distintivo
O vindeiro luns, 17 de decembro de 2007, ás 11:30 horas, terá lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, o acto de entrega e presentación do selo distintivo “Calidade do Comercio Galego”; selo que nace coa finalidade de constituirse en referencia para conseguirnos un comercio moderno, profesionalizado, comprometido e responsable socialmente.

As Políticas de Innovación e o Investimento en Empresas Innovadoras: Venture Capital e Business Angels
Seminario Internacional organizado polo grupo ICEDE coa colaboración da Consellería de Industria e a Fundación para o Fomento da Calidade (Grupo de Investigación Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento Económico) da Universidade de Santiago de Compostela.

Xornada de presentación dos resultados do proxecto SIEFI
O SIEFI é un proxecto que pretende concienzar, difundir e orientar ás empresas en accións que posibiliten a definición e implantación dunha cultura innovadora.

Curso consultores TIC para PeMEs
Formación para o correcto asesoramento ás PEMES en materia de implantación de tecnoloxías TIC de apoio á xestión empresarial.

Programa IMAN
A Fundación participa nun programa para a captación de científicos de prestixio internacional
Logo Consellería de Innovación e Industria|Logo Observatorio Calidade|Logo Observatorio Innovación|Observatorio Galego da Sociedade da Informacion

Plaza de Europa nº10 A, 6ºB (Area Central) 15707 Santiago de Compostela - Tel.: 981-95.70.00 - Fax: 981-95.70.07 | info@fundacioncalidade.org | accesibilidade