Fundación Calidade

Ir a contidos

CENTROS TECNOLÓXICOS

Novas

Imagen 02-02-2009 Inauguración dun novo centro da Rede de Dinamización en Lugo

Presidiu o acto de apertura do centro o Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, quen destacou o traballo realizado pola Rede de Dinamización nos dous anos que leva de funcionamento
O luns, 2 de febreiro, inaugurouse un novo Centro de Dinamización da Sociedade da Información en Lugo, que se ubica na Praza da Milagrosa, 7, baixo. O acto, que se celebrou ás 12.45 horas, estivo presidido por Fernando Blanco, Conselleiro de Innovación e Industria. Tamén asistiu Ramón Cortés, Delegado da Consellaría na provincia de Lugo e Xosé Luis Villasante, Xerente da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

Fotoinauguracin3

O Centro de Dinamización da Sociedade da Información de Lugo está totalmente equipado para que o persoal dinamizador da Rede de Dinamización poda achegar á poboación as Novas Tecnoloxías. O novo centro acollerá diversos obradoiros de índole tecnolóxica variada, como poden ser de iniciación á Internet, á Informática ou a outras ferramentas.

O horario de funcionamento da aula será o seguinte:
  • Luns a xoves: de 10.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.30 horas.
  • Venres: de 9.30 a 15.00 horas.

Premiados no II Concurso de Iniciativas

Logo do acto de apertura do centro, procedeuse á entrega de 2 dos premios do II Concurso de Iniciativas. Na categoría de “Poboación xeral” resultou gañador o proxecto “Tradición dos ferreiros de Riotorto”, levada a cabo pola Rede en colaboración co Concello de Riotorto, e da que se encargaron os dinamizadores Vanesa Pérez Álvarez, Alejandro Rancaño Herrán, Mª del Camino Rando García.

Na categoría de “Persoas con discapacidade”, o premio foi parar a “CONCIENCIA-T: Coñecendo e rachando as barreiras”, levada a cabo pola Rede en colaboración con ASORLU (Asociación de Persoas Xordas de Lugo) e coordinada por María Francisca García Correa e Emilio González Carballo, dinamizadores da Rede. Consistiu na creación dun espazo web dedicado ás barreiras de comunicación que existen na sociedade.

Voltar

Buscador


Se o desexa, pode emplegar o seguinte buscador para refinar a súa búsqueda.
Ver calendario
Ver calendario


Logo Consellería de Economía e Industria

XORNADAS

  • Congreso Xeotermia
  • Proxecto Medra
  • Programa Marco de I+D
  • Coaching
  • Curso
  • Curso

PROXECTOS EUROPEOS

  • Logo Auxnavalia
  • Logo Eca-IT
  • Logo Erinnova
  • Logo SMART
  • Logo DEN4DEK

Plaza de Europa nº10 A, 6ºB (Area Central) 15707 Santiago de Compostela - Tel.: 981-95.70.00 - Fax: 981-95.70.07 | info@fundacioncalidade.org | accesibilidade