Fundación Calidade

Ir a contidos

CENTROS TECNOLÓXICOS

Novas

Imagen 27-02-2009 Programa Xestión Peme sostible responsable

A Consellería de Innovación e Industria a través da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia pon en marcha esta iniciativa en colaboración coa Federación Galega de Parques Empresariais co obxectivo de implantar a Responsabilidade Social Empresarial nas pequenas e medianas empresas de Galicia para mellorar a súa xestión e facelas máis competitivas e responsables no marco das esixencias do século XXI. Actualmente, existen moitos mecanismos e marcos que propoñen como debe actuar unha empresa para facer fronte ao reto de aplicar e de xestionar unha estratexia de RSE. O problema é que a gran maioría destes recursos e marcos foron pensados para aplicarse nas grandes empresas.

O Programa XESTIÓN PEME SOSTIBLE RESPONSABLE parte dos diferentes instrumentos existentes e, ademais de adecuarse aos valores das pemes galegas, céntrase nos principais grupos de interese que lle afectan.

Trátase dun proxecto piloto que permitirá dispoñer dun modelo destinado a incorporar a RSE no sistema de xestión das PEMES galegas

imaxemodelo



A realización deste proxecto baséase no uso de indicadores divididos en impactos sociais, medioambientais e económicos para cada un dos diferentes grupos de interese clave da organización.
imaxemodeloindicadores

Co Programa Xestión Peme Sostible e Responsable, preténdese facilitar ás PEMES galegas a consecución dos seguintes obxectivos:

- Entender que ámbitos ou temas da RSE teñen máis impacto na súa organización
- Analizar cales destes ámbitos ou temas de impacto afectan a cada grupo de interese da organización
- Propoñer un mecanismo que permita á empresa informar externamente das políticas de RSE e xestionar internamente o seu desenvolvemento

O programa está dirixido a 40 PEMES galegas, as cales disporán ce forma individualizada do apoio dun experto en xestión empresarial.

www.pemesostibleresponsable.org

Voltar

Buscador


Se o desexa, pode emplegar o seguinte buscador para refinar a súa búsqueda.
Ver calendario
Ver calendario


Logo Consellería de Economía e Industria

PROXECTOS EUROPEOS


Plaza de Europa nº10 A, 6ºB (Area Central) 15707 Santiago de Compostela - Tel.: 981-95.70.00 - Fax: 981-95.70.07 | info@fundacioncalidade.org | accesibilidade