Novas
07-02-2009 A Rede inaugurou un novo Centro de Dinamización en Cambados
A aula está equipada, entre outros, con doce computadores, dúas impresoras, un escáner, cámaras web e lectores de DNI electrónicos
Hoxe inaugurouse un novo Centro de Dinamización da Sociedade da Información en Cambados, que se ubica no Paseo da Calzada, s/n. Ao acto acudiron Helena Veiguela Martínez, Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, o Xerente da Sociedade de Desenvolvemento Comarcal, Emilio Manuel Martínez Rivas, e o Delegado de Medio Rural en Pontevedra, Gonzalo Constenla.
O Centro de Dinamización da Sociedade da Información de Cambados está totalmente equipado para que o persoal dinamizador da Rede de Dinamización poda achegar á poboación as Novas Tecnoloxías. O novo centro acollerá diversos obradoiros de índole tecnolóxica variada, como poden ser de iniciación á Internet, á Informática ou a outras ferramentas.
O equipamento da aula está composto por 12 ordenadores, 6 cámaras web, 9 lectores de DNI electrónico, dúas impresoras (a cor e en branco e negro), un escáner e un canón. Todos os computadores están conectados mediante wifi a unha liña de datos da máxima capacidade dispoñíbel no lugar.
Todas as persoas que desexen máis información poden solicitala no teléfono 986.526.013.
Cabe destacar que, antes da inauguración deste centro, a Rede xa estaba presente en Cambados a través do Centro Comarcal do Salnés, onde ten realizado 74 obradoiros ao longo dun total de 634 horas, nos cales participaron máis de 1.950 usuarios/as.
Voltar