Fundación Calidade

Ir a contidos

CENTROS TECNOLÓXICOS

Novas

Imagen 26-02-2009 A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia pon en marcha o proxecto Aux-Navalia

Aumentar a competitividade das empresas auxiliares do sector naval é o obxetivo do novo proxecto impulsado pola Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

AuxNavalia, como se denomina o proxecto, conta con socios do Reino Unido, Portugal e Galicia e está financiado con fondos Feder do programa transnacional Espacio Atlántico.
O 26 de febreiro celebrouse en Santiago de Compostela a primeira reunión de socios do proxecto onde foron debatidas as normas básicas de xestión da iniciativa, aprobáronse os orzamentos e analizouse a imaxe corporativa do proxecto.
O proxecto desenvolverá durante dous anos e tentará aumentar a capacidade de innovación das empresas mediante a análise e comparación das experiencias nos tres países.
Con este fin diseñaranse instrumentos financieiros adaptados ó sector, implementarase a colaboración cos centros tecnolóxicos e realizaranse foros e xornadas de formación e intercambio de experiencias.

fotogralreunin260209

Na reunión, tódolos socios sinalaron como principiais obxetivos do proxecto o desenvolvemento de ferramentas e a adquisición de coñecementos para facer fronte a crise económica mundial.
Os socios que rubricaron o convenio foron, como coordinador, esta Fundación e como socios o Clúster do Naval Galego (ACLUNAGA), a Asociación de Industrias Marítimas de Portugal (AIM), o Centro de Innovación de Negocios do Minho (BIC- Minho) e a asociación de asteleiros do Reino Unido (Shipbuilders & Shiprepairers Association, SSA).

Voltar

Buscador


Se o desexa, pode emplegar o seguinte buscador para refinar a súa búsqueda.
Ver calendario
Ver calendario


Logo Consellería de Economía e Industria

XORNADAS

  • Congreso Xeotermia
  • Proxecto Medra
  • Programa Marco de I+D
  • Coaching
  • Curso
  • Curso

PROXECTOS EUROPEOS

  • Logo Auxnavalia
  • Logo Eca-IT
  • Logo Erinnova
  • Logo SMART
  • Logo DEN4DEK

Plaza de Europa nº10 A, 6ºB (Area Central) 15707 Santiago de Compostela - Tel.: 981-95.70.00 - Fax: 981-95.70.07 | info@fundacioncalidade.org | accesibilidade