Novas
10-02-2009 Acto de entrega dun premio do II Concurso de Iniciativas da Rede, en Castro Caldelas
O blog "Recordos de Caldelas" , no que se recompilan fotos antigas da localidade, alzouse co galardón da categoría de Asociacións
O II Concurso de Iniciativas da Rede de Dinamización da Sociedade da Información tivo gañadores na aula dinamizadora localizada no centro comarcal de Castro Caldelas. En concreto, na categoría de "Asociacións", a iniciativa gañadora foi “Recordos de Caldelas”, organizada por Débora Táboas García, dinamizadora da Rede en Castro Caldelas.
A dinamizadora responsábel e os participantes nestas xornadas recolleron hoxe o premio no salón de xuntas do Centro Comarcal Terra de Caldelas.
“Recordos de Caldelas” levouse a cabo na “Asociación de Xubilados Nosa Señora dos Remedios” de Castro Caldelas e no Centro Comarcal Terra de Caldelas. Os membros desta asociación recompilaron fotos súas antigas, por medio dun obradoiro no que se lles ensinou a empregar o escáner. Logo, esas fotos foron subidas ao blog www.blogoteca.com/asocjubilados. Ademais, as fotos foron gravadas en CD's para que cada un deles conservara unha copia. Tamén se imprimiron en papel fotográfico e foron expostas e proxectadas no centro comarcal durante varios días, para que toda a poboación do lugar puidera ver o traballo levado a cabo polos/as participantes.
Voltar