Fundación Calidade

Ir a contidos

CENTROS TECNOLÓXICOS

Novas

Imagen 19-02-2009 A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia pon en marcha o proxecto ECA-IT

A Fundación, en colaboración con entidades galegas e portuguesas, pon en marcha o proxecto ECA-IT, cofinanciado con Fondos FEDER no marco do programa de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal 2001 -2013

O xoves 19 de febreiro do 2009, celebrouse a primeira reunión técnica do proxecto ECA-IT “Estruturas conxuntas de apoio á innovación transfronteiriza na Eurorexión”. Este proxecto está cofinanciado por FEDER no marco do programa de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal 2007 -2013, e conta cun orzamento total de 1.606.358,00 euros.

ECA-IT ten como obxectivo fomentar a innovación empresarial na área transfronteiriza de Galicia -Norte de Portugal a través da cooperación entre sectores dun ámbito empresarial relevante a ambos lados da fronteira. O proxecto traballará principalmente nos sectores loxístico, turístico e naval, tanto de empresas galegas como portuguesas, durante un período de dous anos.

P1040948modif

A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, promotor do proxecto, colaborará con TURGALICIA e a Dirección Xeral de I+D+I, da Consellería de Innovación e Industria, e coas entidades portuguesas BIC Minho, Instituto Politécnico de Viana do Castelo e o Instituto Empresarial do Minho.

Xosé Luis Villasante, xerente da Fundación, considera que este proxecto é sumamente importante para o aproveitamento das sinerxias de traballo na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal. Ademais, facilitaranse ferramentas para a mellora da competitividade empresarial, co que se agarda potenciar o incremento dos volumes de negocio das empresas galegas e portuguesas.

Voltar

Buscador


Se o desexa, pode emplegar o seguinte buscador para refinar a súa búsqueda.
Ver calendario
Ver calendario


Logo Consellería de Economía e Industria

PROXECTOS EUROPEOS


Plaza de Europa nº10 A, 6ºB (Area Central) 15707 Santiago de Compostela - Tel.: 981-95.70.00 - Fax: 981-95.70.07 | info@fundacioncalidade.org | accesibilidade