Proxecto AUX-NAVALIA
O proxecto AUX-NAVALIA ten coma finalidade mellorar a competitividade e a capacidade de innovación da industria auxiliar de servizos do sector naval, xa que se trata dun eslabón fundamental na economía marítima. Concéntrase nun nicho dun sector, a industria auxiliar naval, cun grande potencial para o futuro do Espacio Atlántico.
Dacordo co Programa Operativo Área de Cooperación Atlántica Transnacional 2007 - 2013, AUX-NAVALIA incríbese na Prioridade 1: "promover redes transnacionais empresariais e de innovación". É coherente con esta prioridade e a súa aposta pola competitividade e a innovación na industria auxiliar do naval, enmarcándoo no Obxectivo 1.2. "Reforzar a competitividade e a capacidade de innovación nos nichos de excelencia da economía marítima".
De forma máis concreta, o proxecto busca a creación de estruturas coordinadas para o fomento da I+D+I na industria auxiliar naval e favorecer a transferencia de tecnoloxía innovadora para favorecer unha cooperación máis estreita e sostible neste sector, o que contribuirá positivamente no emprego e unha maior cohesión social.
A dimensión transnacional do proxecto permitirá aumentar sinerxias para que sexa unha industria máis competitiva, alcance unha maior dimensión e capacidade e, polo tanto, teñan un mellor acceso aos programas europeos de desenvolvemento e innovación