Fundación Cidtega

Ir a contenidos

Presentación

A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia foi constituída en outubro de 1996 como entidade sen ánimo de lucro pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.

A organización foi declarada de interese industrial por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública o 2 de decembro de 1996 (D.O.G. nº 241 do 11 de decembro), de interese galego por Orde da Consellería de Industria e Comercio do 19 de decembro de 1996 (D.O.G. nº 253 do 30 de decembro) e inscrita no Rexistro Único de Fundacións de interese galego co número 1996/13.

Ao obxeto de contribuír ao aseguramento e garantía na súa xestión, o 27 de xulllo de 2000 a Fundación certificou o seu sistema administrativo por a norma ISO 9002:94. Posteriormente, o 1 de febreiro de 2001, actualizou dita certificación por a norma ISO 9001:2000, sendo a primeira organización galega e unha das primeiras organizacións españolas en superar este último proceso de certificación.

Os obxetivos da Fundación son promover a difusión e aplicación de políticas en materia de calidade, tecnoloxía e innovación, recibindo adicionalmente a encomenda de xestión de infraestructuras tecnolóxicas; o Centro de Innovación e Servicios (CIS) do Deseño e a Tecnoloxía de Galicia, o Centro de Innovación e Servicios (CIS) Tecnolóxicos da Madeira de Galicia e o Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia, levando a cabo dende cada un dos centros antes indicados as actividades contempladas no marco da súa competencia técnica e estratéxica.
Logo Consellería de Innovación e Industria
  • Desenvolvemento Industrial

    • Logo Observatorio Calidade
    • Logo Plan PEME Galega
  • Sociedade da información

    • Logo Rede de Dinamización
    • Logo Observatorio Galego da Sociedade da Información
    • Logo Mancomún
  • Innovación

    • Logo Neurona
    • Logo Capita
    • Opidi
    • IMAN

    Comercio

    • Logo Comercio

Plaza de Europa nº10 A, 6ºB (Area Central) 15707 Santiago de Compostela - Tel.: 981-95.70.00 - Fax: 981-95.70.07 | info@fundacioncalidade.org | accesibilidade