CIS Galicia - Centro de Innovación e Servizos, Tecnoloxía e Deseño
O CIS Galicia é un axente facilitador para a transferencia das denominadas novas tecnoloxías ás pemes de Galicia, propiciando ademais a creación do clima oportuno para que a conciencia innovadora se instaure entre tódolos actores do tecido productivo galego.
O CIS ofrece ás empresas de Galicia:
Información: O Servizo de Información e Comunicación do CIS é unha unidade de vixilancia tecnolóxica especializada na prestación de servizos de información e documentación adaptados ás necesidades das empresas e institucións de Galicia.
Formación: A formación está dirixida á implantación e desenvolvemento na empresa de novos procesos, técnicas e métodos de xestión en temas como:
* Tecnoloxías da Información e das Telecomunicacións.
* Multimedia.
* Soldadura.
* Automatización de Procesos.
* Deseño industrial e Desenvolvemento do Producto.
* Organización.
* Control de Xestión.
* Xestión da Calidade e Auditorías.
* Xestión e Certificación Medioambiental.
* Prevención de Riscos Laborais, etc.
Servizos tecnolóxicos: Actualmente préstanse servizos ás empresas nas áreas de multimedia, redes de comunicacións, tecnoloxías da unión, autómatas, CAD, prototipado rápido e enxenaría inversa, así como asesoría en calidade, seguridade e medioambente..