Fundación Cidtega

CIS-Madera (Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia)

O CIS-Madeira (Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia) é un organismo público ao servizo da industria da madeira, que a través das súas actividades tecnolóxicas pretende inspirar unha transformación do sector, e ao mesmo tempo axudar a mellorar a posición competitiva das empresas, propiciando un aproveitamento óptimo do recurso forestal, unha maior aplicación e calidade dos seus productos, ademais de conseguir un maior prestixio e valor económico dos productos da madeira.

Proxectos que está realizando o centro.

· Área de Innovación e Tecnoloxía.

* Proxecto de silvicultura do eucalipto.
* Proxecto de aserrado do eucalipto.
* Proxecto de elaboración de productos de alto valor con madeira de eucalipto.
* Proxecto para o desenvolvemento industrial de tecnoloxías de secado.
* Proxecto de aproveitamento da biomasa forestal.
* Proxecto Interreg para a promoción das especies de madeira da eurorrexión.
* Informes e Ensaios sobre Procesos e Productos de Madeira.

· Áreas de Información, Formación, Promoción e Estudios.

* Implantación de sistemas de calidade según a norma ISO 9000.
* Edición da revista técnica do CIS-Madeira.
* Servizo de Información e Bases de Datos.
* Cursos de formación.
* Diversas actividades a desenvolver para o Clúster da Madeira:
- Estudio estratéxico do Sector de Carpintería e Mobiliario.
- Xornadas de Deseño sobre a utilización de madeira en Construcción e Mobiliario.
- Cursos de Formación específicos para Directivos e Mandos intermedios.
- Xornadas sobre o funcionamento dos Clusters.

Para máis información visite a web do CIS-Madeira, na que encontrará información sobre os diversos servizos que o Centro oferta.

Logo Consellería de Innovación e Industria|Logo Observatorio Calidade|Logo Observatorio Innovación|Observatorio Galego da Sociedade da Informacion

Plaza de Europa nº10 A, 6ºB (Area Central) 15707 Santiago de Compostela - Tel.: 981-95.70.00 - Fax: 981-95.70.07 | info@fundacioncalidade.org | accesibilidade