Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
O Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG) é un Centro Tecnolóxico e de Innovación (CIT) que ofrece servizos de Calibración Industrial e Metroloxía a empresas dos distintos subsectores industriais.
Istos servizos poden concretarse da seguinte forma:
* Servizos de calibración.
* Servizos de ensaios.
* Servizos de medida.
* Servizos de asesoramento e formación.
Áreas de traballo.
* Densidade (*)
* Dimensional (*)
* Electricidade baixa frecuencia e corrente continua (*)
* Humidade Relativa (*)
* Masa e momentos (*)
* Presión e vacío (*)
* Temperatura (*)
* Tempo e frecuencia
* Vibración
* Acústica
* Radiofrecuencia e microondas
* Forza
(*) Áreas acreditadas pola Entidad Nacional de Acreditación (ENAC)
O desenvolvemento de tódalas áreas citadas sitúa ao LOMG entre os cinco primeiros laboratorios españois en capacidade de medida.
Os servizos que se ofrecen teñen por obxecto:
- Dar soporte técnico ás empresas nos ámbitos da metroloxía e os ensaios.
- Converter ao LOMG nun axente activo de transferencia de tecnoloxía nos seus ámbitos de actuación.
- Proporcionar asistencia na xestión de Plans de Calibración (xestión do parque de instrumentos, elaboración e implantación de procedementos de medida, auditorías de medida).
- Impartir formación en Metroloxía.
- Xestión externa integral do parque de instrumentos de medida do cliente co emprego de novas TIC.
Todos estos grupos de servizos se caracterizan por:
- Tratamento individualizado de cada necesidade plantexada polos clientes.
Gracias a súa capacidade de vixilancia tecnolóxica, o Laboratorio pode ofrecer alternativas de solucións concretas aos requisitos de cada un dos seus clientes.
- Planificación e seguimento das actividades, de cara a ofrecer tempos de resposta reducidos.
A flexibilidade e axilidade de resposta conseguidas mediante o emprego de novas tecnoloxías TIC proporciona aos seus clientes a oportunidade de ver os resultados finais en prazos moi breves.
- Seguridade no manexo da información e a instrumentación.
- Confianza, para que as empresas acudan a plantexar a súa problemática coa certeza de que se atoparán liñas de solución.