Presentación
A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia foi constituída en outubro de 1996 como entidade sen ánimo de lucro pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
A organización foi declarada de interese industrial por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública o 2 de decembro de 1996 (D.O.G. nº 241 do 11 de decembro), de interese galego por Orde da Consellería de Industria e Comercio do 19 de decembro de 1996 (D.O.G. nº 253 do 30 de decembro) e inscrita no Rexistro Único de Fundacións de interese galego co número 1996/13.
Ao obxeto de contribuír ao aseguramento e garantía na súa xestión, o 27 de xulllo de 2000 a Fundación certificou o seu sistema administrativo por a norma ISO 9002:94. Posteriormente, o 1 de febreiro de 2001, actualizou dita certificación por a norma ISO 9001:2000, sendo a primeira organización galega e unha das primeiras organizacións españolas en superar este último proceso de certificación.
Os obxetivos da Fundación son promover a difusión e aplicación de políticas en materia de calidade, tecnoloxía e innovación, recibindo adicionalmente a encomenda de xestión de infraestructuras tecnolóxicas; o Centro de Innovación e Servicios (CIS) do Deseño e a Tecnoloxía de Galicia, o Centro de Innovación e Servicios (CIS) Tecnolóxicos da Madeira de Galicia e o Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia, levando a cabo dende cada un dos centros antes indicados as actividades contempladas no marco da súa competencia técnica e estratéxica.