É unha iniciativa para o incremento da competitividade das pequenas e medianas empresas do sector das enerxías renovables, que se materializará nun programa piloto de implantación de ferramentas de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) nun cento de empresas.
O ámbito de actuación destas ferramentas será, en primeiro lugar, o da xestión interna, a través de ferramentas de escritorio, tales como sistemas de planificación empresarial (ERP) e de administración de relacións cos clientes (CRM).
En segundo lugar, traballarase en ferramentas orientadas a fomentar a cooperación en I+D+i e á venta por Internet. O resultado será unha plataforma Web para a articulación de proxectos colaborativos na área de investigación, desenvolvemento e innovación e para impulsar as transaccións online entre os distintos axentes que operan no mercado das enerxías renovables, con especial incidencia na implantación da factura electrónica.
SMART pretende por en contacto clusters rexionais e pequenas e medianas empresas (pemes) na cadea de subministro de grandes empresas, para favorecer a participación de pemes europeas en proxectos de I+D no ámbito do transporte. Isto farase por medio de:
• Conectar Clusters do sector do transporte en diferentes países europeos
• Formar en mecanismos de financiamento comunitario
• Facilitar oportunidades de negocio e creación de partenariados entre todos os actores do sector do transporte
• Establecer capacidades e necesidades de I+D en pemes
• Favorecer a creación de consorcios con grandes empresas en proxectos liderados por pemes
• Apoiar a preparación de propostas de pemes baseadas nas súas propias ideas de proxecto
• Crear un ambiente favorable para o desenvolvemento de proxectos colaborativos de I+D
Plaza de Europa nº10 A, 6ºB (Area Central) 15707 Santiago de Compostela - Tel.: 981-95.70.00 - Fax: 981-95.70.07 | info@fundacioncalidade.org | accesibilidade